Hellcat Records

Hellcat Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1997
Fundador(es)Tim Armstrong
Organización matrizEpitaph Records
SedeOs Ánxeles
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://hellcatrecords.com/
Facebook: hellcatrecords Twitter: hellcatrecords Instagram: hellcatrecords Youtube: UCS02hF-NGHms11mk8r3iKDA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hellcat Records é un selo discográfico independente estadounidense baseado nos Ánxeles, California. O selo é unha filial de Epitaph Records e naceu como unha colaboración entre Brett Gurewitz de Bad Religion, o dono de Epitaph, e Tim Armstrong de Rancid, este último normalmente responsable de fichar as bandas.[1]

Hellcat especialízase en bandas de ska, punk, oi!, psychobilly e hardcore. A discográfica publicou o seu sampler Give 'Em the Boot a partir de 1997, lanzando un total de sete volumes ata o ano 2009.[2]

  1. "PT Plays February 2012: “The Best Of Hellcat Records”". www.punktastic.com. Consultado o 2020-09-23. 
  2. "Give 'Em The Boot". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-09-23. 

Developed by StudentB